
A ver se adiviñas a onde te levo no episodio 10 de Viaxantas. Van pistas.
- Trátase dun lugar que ten «souvenirs» ou recordos específicos para hispanofalantes,
- Unha cidade que foi capital comercial europea pola importancia do seu porto, e que tocou a gloria e a decadencia máis absolutas en só un par de séculos.
- Hoxe, a súa arquitectura e o seu casco histórico parecen detidos no tempo.
Que, xa sabes ?
Veña, vai a última.
Imos dar un paseo medieval.
Tweet
Bruxas é unha das cidades máis fermosas de Europa, pero tamén a mostra máis clara do paso do tempo nunha vila que foi de ouro, literalmente, grazas aos seus canáis que conectaban fácilmente co mar do norte e permitían o tránsito de mercadorías e o seu almacenamento.
Neste travesía sonora imos achegarnos un pouco á súa historia, pero tamén descubriremos porque aos habitantes de Bruxas lles chaman “tolos”, se é certo que hai casas que teñen un grifo de cervexa directamente da fábrica aos seus salóns ou por qué venden “souvenirs” específicos para hispanofalantes.
Falaremos da zona centro e dos imprescidibles, pero tamén che daremos algunhas nocións extra e consellos por se vas con tempo e queres alonxarte un pouco do rebumbio turístico cara os seus muiños de vento ou as portas medievais da cidade.
Dalle unha escoita nas plataformas habituais:
E se che gusta, xa sabes, subscríbete, valora ou comparte para axudarnos a medrar.