Ti como describirias a vila na que te criaches? Ese é o reto que che lanzo no episodio 11 de Viaxantas Podcast. Eu coido que nunca o pensara tanto como para esta gravación na que volvo ás orixes para falarvos de historia castrexa e romana, de termalismo e de roteiros de sendeirismo cos que pasar templo ao aire libre e sen preocuparte en exceso pola distancia de seguridade.
Benvid@ a Cuntis, esa vila tranquila que ten moito máis para ofrecerche que o maior balneario de Galicia.
E para enterder mellor este municipio pontevedrés conto con tres persoas que a coñecen ben:
- Heitor Picallo, ilustrador, escritor e investigador que coñece ben a faciana termal e histórica desta vila con máis de 2000 anos.
- Manuel Martínez, técnico de turismo do Concello de Cuntis, que nos vai achegar os segredos menos coñecidos da localidade e arredores. Con el falaremos dos mellores puntos panorámicos, de actividades para as que necesitarás estar en forma ou de lendas que agocha a localidade.
- Sandra Obarrio, da Fundación Terra Termarum, descifraranos o Castro de Castrolandín e o proxecto de reconstrucción de cerámica castrexa que lidera.
Boa escoita!
Xa sabes que estamos nas plataformas de costume:
Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente.