Aviso!

O episodio 12 de viaxantas é culpa, única e exclusivamente, da vaga de calor que estamos a ter por Bélxica estes días e que conseguiu que a miña mente so pense nunha escapadas refrescantes, con praias paradisíacas onde sopre unha brisa agradable constante, e na que poder gozar de bos parques naturais. E tendo isto en conta, decidín que xa era hora de que neste podcast falásemos dunha illa. Unha desas que case é máis popular no exterior que na casa, un lugar no que parece que sempre é primavera e onde os volcáns son protagonistas absolutos.

Benvidos, benvidas a Lanzarote. Un destino bastante accesible dende Galicia xa que temos voos directos con varias compañías; por exemplo, dende o aeroporto de Santiago, e iso sempre axuda á hora de decidirte.

É a illa da eterna primavera, con 22 grados de temperatura media anual, polo que se converte nunha boa opción para ampliar as vacacións estivais en case calquera mes do ano. Falaremos das mellores praias, de como sacarlle o máximo partido ao Parque Nacional de Timanfaya e tamén de experiencias alternativas coas que gozar dunhas vacacións do máis completas e diferentes.

Acompáñanme:

  • Andrea e Carlos Vázquez, para falar de roteiros en bici e paseos en Jeep nunha illa case virxe.
  • Jorge Barrio, para meterche o becho do submarinismo no corpo.

E aínda nos quedará tempo para comer rico, facer parapente, meternos dentro dun volcán e descansar.

Apúntaste a esta viaxe sonora?

AnchorApple PodcastsBreakerGoogle PodcastsPocketCastsRadio PubliciVooxSpotifyYouTube

———-Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente.Estamos en Facebook, Instagram e Telegram.