Se hai algo que nos identifica en boa parte do mundo e polo que moitas persoas de lonxe sitúan Galicia no mapa, iso é o Camiño de Santiago. Por iso, neste ano Xacobeo no podía faltar en Viaxantas algunha referencia a esta ruta milenaria.

Colle uns tenis cómodos, pon a mochila e a túa cuncha de peregrino ás costas porque no episodio 13 do podcast farémolo Camiño Nascente portugués, o da Gueira e dos Arrieiros e o de Fisterra cunha estadounidense neofalante da nosa lingua.

Ela é Wendy Werneth e da súa man imos coñecer o espírito do camiño : dende as historias humanas que hai detrás de cada peregrinación a consellos prácticos para iniciar a ruta Xacobea nun ano aínda pandémico.

Wendy coñece ben as dúas caras porque leva facendo diferentes camiños a Compostela dende o ano 2017. O último, rematouno hai só uns días e podes revivila experiencia, etapa a etapa, na súa canle de Youtube «Wendy speaks galego» . Bótalle unha ollada. Paga a pena!

Ademais, xunto ao seu marido, crearon o podcast “Spirit of the Camino”, no que comparten a súa visión das peregrinaxes a Compostela. A primeira tempada xa está dispoñible, e a segunda a piques de saír.

Wendy é ademáis unha viaxeira intrépida, xa visitou 117 países e sumando. Nas súas redes sociais podes coñecer cales son as súas próximas viaxes e na súa web –The Nomadic Vegan– descubrir cómo percorrelo mundo comendo vegano. 

Boa escoita e bo camiño! 

AnchorApple PodcastsBreakerGoogle PodcastsPocketCastsRadio PubliciVooxSpotifyYouTube


Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos tamén en FacebookInstagram e Telegram.