O Grove é un paraíso gastronómico con maiúsculas que contenta o estómago e alegra a vista, grazas aos seus miradoiros, as súas praias de area fina e as súas augas atlánticas de azul intenso. Ten todo o ambiente dun destino de excelencia para turistas de preto e de lonxe. Ao percorrer as súas rúas ou degustar os seus pratos decátaste de que son, por si sós, unha loa á tradición mariñeira, intrínseca ao ADN meco.
No episodio 15 de Viaxantas imos converternos por uns minutos en turistas no noso propio país para coñecer o “Caribe galego” dende tres puntos de vista diferentes:
- O puramente turístico, con Mara Mariño, responsable da Oficina de Turismo da vila.
- O histórico, co conservador do Museo das Salgadeiras de Moreiras, José Luís Escalante González.
- E a faciana máis humana e emotiva, con Lorena Lores, filla de migrantes de O Grove, que nos conta o que representa esta vila para ela e cómo a foi coñecendo a través das descripcións de familiares ata visitala por primeira vez.
Escóitao na túa aplicación favorita:
Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal