Como xa adiviñaredes polo título, este episodio non é sobre o Nadal, aínda que estamos a piques de rematar o ano e todo son luces e panxoliñas. Dende aquí vouvos levar a unha parroquia galega que cada mes de xullo protagoniza portadas en todo o mundo, aínda que durante o resto do ano pouco ou nada saibamos dela. Porque Sabucedo traballa lentamente os 365 días do ano para preservar non só unha tradición galega única, declarada de interese turístico internacional, senón tamén un ecosistema único no mundo.
Bienvenidas a unha Rapa das Bestas en 360º.
Esta vai ser unha viaxe de 360 graos porque imos falar de moito máis que da festa que hai detrás da Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada, Pontevedra). Sobrevoaremos unha lenda que marca o carácter do barrio, oiremos falar do valor do traballo en equipo e da defensa do campo, do establecemento de pobación nestas terras e da preservación da montaña. Ademais, os nosos convidados falarannos sobre a beleza e os desafíos de conservar estes cabalos salvaxes no mundo actual.
Queremos coñecer Sabucedo máis aló da súa gran fin de semana. Xa que esta parroquia de 30 habitantes entre semana conta con moitos fillos e fillas residentes noutras vilas e cidades que, cada venres, regresan á vila para coidar este legado ancestral.
De todo isto falamos con algúns deles no capítulo 17 de Viaxantas:
- Paulo Vicente Monteagudo, Presidente da Asociación Rapa das Bestas e aloitador.
- Maruxa Obelleiro , veterinaria e membro da asociación.
- Iván Sanmartín , avogado de la asociación.
- Henrique Bazal , agricultor, ex presidente da asociación e actual secretario.
- Y Javi Brea , animador.