A Costa Amalfitana é un miradoiro natural ao Tirreno cheo de encantadores pobos de pescadores con aroma a limón. Unha ruta de 55 kilómetros esculpida en cantís e onde coloridas vivendas parecen pelexar rocha arriba polo pouco espazo dispoñible.
Holywood e os seus glamurosos visitantes fixérona popular hai décadas, pero foron as redes sociais as que lograron que este destino soñado sufra as consecuencias da súa propia fotoxenia cada verán: masificación, atascos e prezos elevados.
No último episodio de Viaxantas volvemos a Campania, para descubrir as cousas boas (e non tan boas) que ofrece a Costa Amalfitana. Facémolo en coche e acompañadas dalguén que coñece ben Italia: Maria Sabarís Sardón. Xornalista e co-creadora do podcast Fóra de Mapa. Agardamos que che guste.
A nosa ruta
Chanzo a chanzo
2×1 en suxerencias
Se quedaches con ganas de máis,