Collede un asento de ventá e poñédevos cómodos e cómodas porque acabades de subir a bordo dun tren que vos levará case ata o ceo. Neste episodio transportámonos novamente a América Latina para acariñala Pachamama, tocalas nubes e descubrila cara B do norte arxentino.

Acompáñasme?

Nesta escapada sonora imos coñecer unha das obras de inxenierías máis importante da Arxentina, o viaducto de La Polvorilla e o seu famoso “Tren a las nubes”. Falaremos de paisaxes únicas, pero tamén da dureza da vida na Puna salteña. Achegarémonos á cultura dos pobos orixinarios e escoitaremos música da rexión.

Ademais, sabías que en Galicia tamén tivemos un intento de “tren ás nubes” propio. Fáloche del no episodio, pero podes coñecer tódolos detalles neste artigo que publicou La Voz de Galicia cando se cumpliron os 100 anos deste proxecto fallido.

Tamén nos adentramos na celebración da Pachamama, contándoche algúns dos ritos fundamentais desta celebración que me pillou de paso.

Súmaste á aventura?

AnchorApple PodcastsBreakerGoogle PodcastsPocketCastsRadio PubliciVooxSpotifyYouTube

Xa sabedes que na nosa conta de Instagram e no grupo de Facebook compartiremos moitas claves desta viaxe ao longo dos vindeiros 15 días. Se aínda non nos sigues alí, este é o momento!