
No episodio de hoxe imos coñecer unha das xoias naturais de Galicia, a Ribeira Sacra. Aínda que non imos quedar só nas súas paisaxes impoñentes, adentrarémonos tamén no románico rural galego e camiñaremos entre vides da man das súas xentes, para falar da posta en valor do noso rural. Son os seus habitantes os que fan a maior reivindicación de futuro para as súas vilas, como opción para vivir, para traballar e para preservalo noso.
Para iso conto con dous bos axudantes:
Beatriz Pérez é experta en románico da Ribeira Sacra e outro patrimonio. Con ela falaremos dos mil e un atractivos desta zona de Galicia, das tradicións ao redor da vendimia e dos manxares que a acompañan. Podedes coñecer máis sobre o que fai na páxina web do seu emprendemento: https://maisqueromanicorutas.com/
Primitivo Lareu, de Adegas e Viñedos Lareu contaranos tódolos segredos da viticultura heroica e do que iso implica para un negocio familiar como o que dirixe. Podes coñecelos mellor na súa web: http://www.adegaslareu.com/
E todo isto, se esquecernos de que a Ribeira Sacra é candidata a Patrimonio da Humanidade da Unesco.
Se che gusta o que escoitas, subscríbete, valora e comenta.
Xa sabes que podes seguirnos en:
Máis en 15 días.