Maio é o mes por excelencia das nosas letras e da nosa lingua, o galego, aínda que honralas, querelas e utilizalas debemos facelo os 365 días do ano. Por iso, no episodio 9 de Viaxantas quero sacar ámbalas dúas da súa zona de confort e ver cómo latexa, cómo medra e se expanden nun continente histórico para os galegos, América.
Persoas convidadas
E para facelo,a compañareime do presidente da Real Academia Galega, Victor Freixanes, que nos porá en contexto.
Ademáis, debateremos con Carlos Rodríguez Brandeiro (director do Colexio Arxentino-Galego Santiago Apóstol de Bos Aires), Marta Villar (impulsora do “Faladoiro” do Centro Galicia de Bos Aires) e Débora Campos (xornalista e unha das fundadoras do grupo de Lectores Galegos en Bos Aires) sobre o presente e futuro da galeguidade na quita provincia.
Acompáñame nesta viaxe?
Xa sabes, se che gusta o que escoitas, axudame compartindo este falangullo en galego, subscribíndote para que te avisen cada vez que publicamos novo episodio ou deixándome os teus comentarios.
Máis en 15 días ou, a diario, nas redes sociais.