O teu podcast de viaxes e experiencias en galego.

Ola! Son Cris Terceiro, xornalista e viaxeira incansable.

Unha das cousas que máis me gustan é descubrir, vivir experiencias diferentes, coñecer lugares especiais e falar coas súas xentes. Por iso, neste podcast vou compartir algunhas desas vivencias. Dende lugares afastados que me cativaron a aqueles recunchos que temos ao lado da casa e son igual de impactantes. Plans tirados de prezo ou para darse o gusto. Porque isto vai de lugares, pero tamén de manxares e xentes. 

Acompáñasme nesta viaxe sonora?


Por que Viaxantas?

Simplemente porque foi con grandes mulleres que comecei a gozar das viaxes,  porque moitas veces me teñen dito iso de…“pero mira que eres viaxanta”, e ademais, porque non, por reivindicar as voces femininas da lingua, que boa falta nos fai.


Por que en galego?

E por que non? No meu día a día traballo en inglés, pero o galego é a miña lingua nai, na que penso, na que me sinto máis cómoda e na que fago a miña vida máis persoal. Viaxantas é un proxecto sobretodo persoal, no que quero compartir espazo con outros galegos mundiais e achegarvos experiencias ás que non sempre un se anima por falta de coñecemento, por medo ou porque ninguén che deu ese último impulso que precisas. Seino, a min tamén me pasa.

Ponlle imaxe ao son de Viaxantas!