No episodio de hoxe queremos levarte a un paraíso para despois convidarte a unha cea prehistórica. Que, hai trato?

Dirás ti que paraísos hai moitos, pero é que o Calafate éche un lugar ben especial. A min namoráronme as súas cores. Ese turquesa alternando cos tonos prata do lago Argentino, un ceo sempre misterioso, unhas flores de tonos intensos – case flúor- e unha natureza que mostra o seu rostro mais impoñente con forma de xeo.

No Calafate atópase o famoso Perito Moreno. Se non o coñecedes, seguro que esta imaxe che axuda a facerte unha idea.

Vista do glaciar Perito Moreno.

Pero tranquilos, que hoxe non toca falar do Perito porque, nesa mesma viaxe, pasounos algo aínda máis sorprendente. Cóntocho en detalle no podcast, pero o caso é que por culpa diso, rematamos embarcados nunha experiencia “Nativo”, que lle chamaron. Unha das mellores decisións da miña vida.

Para axudarme a contarvos de qué vai teño dous convidados de luxo: Sol Santacroze, que acaba de vivir esa experiencia hai só uns días, e Jorge Barrio, que me acompañou naquela peculiar travesía que nos permitiu gozar dun precioso e ventoso solpor con vistas ao lago Argentino e dunha cea propia do paleolítico (literal).

Agardo que vos guste esta viaxe auditiva ata as covas de Walichu.

Dádelle ao play e xa me contades as vosas primeiras impresións cunha mensaxe no Facebook, en Twitter, Instagram ou mesmo cun email.

AnchorApple PodcastsBreakerGoogle PodcastsPocketCastsRadio PubliciVooxSpotifyYouTube

Até a próxima.