A ver se adiviñas a onde te levo no episodio 10 de Viaxantas. Van pistas. Trátase dun lugar que ten «souvenirs» ou recordos específicos para hispanofalantes, Unha cidade que foi capital comercial europea pola importancia do seu porto, e que tocou a gloria e a decadencia máis absolutas en só un par de séculos. Hoxe, …

#9 As letras galegas en América
Maio é o mes por excelencia das nosas letras e da nosa lingua, o galego, aínda que honralas, querelas e utilizalas debemos facelo os 365 días do ano. Por iso, no episodio 9 de Viaxantas quero sacar ámbalas dúas da súa zona de confort e ver cómo latexa, cómo medra e se expanden nun continente …

#8 Ribeira Sacra, a posta en valor do rural
No episodio de hoxe imos coñecer unha das xoias naturais de Galicia, a Ribeira Sacra. Aínda que non imos quedar só nas súas paisaxes impoñentes, adentrarémonos tamén no románico rural galego e camiñaremos entre vides da man das súas xentes, para falar da posta en valor do noso rural. Son os seus habitantes os que …

#7 Un tren ás nubes
Collede un asento de ventá e poñédevos cómodos e cómodas porque acabades de subir a bordo dun tren que vos levará case ata o ceo. Neste episodio transportámonos novamente a América Latina para acariñala Pachamama, tocalas nubes e descubrila cara B do norte arxentino. Acompáñasme? Nesta escapada sonora imos coñecer unha das obras de inxenierías …

Aventuras de interior
Xa fai máis dun ano que comezou o meu “teletraballo”. Hai un ano que rematou a rutina diaria de acudir a unha oficina, de falar cos compañeiros cara a cara, de comer ou tomar un café con colegas, e teño sentimentos encontrados. Quen nolo ía dicir? A nós, a sociedade máis libre da historia, empuxados …

#6 Pico Sacro, onde a historia e a lenda se confunden
No episodio #6 de Viaxantas imos facer turismo de proximidade para moitos dos seguidores deste humilde podcast. Que vos parece se falamos dunha das paisaxes máis simbólicas de Galicia, un lugar dende o que es capaz de observar terras das catro provincias galegas e que como dicía Manuel María, está ferido polo lóstrego e a …

#5 Viaxe ao corazón dunha pirámide
Imaxinas como poder ser adentrarse no corazón dunha pirámide exipcia? Si, si.. nas mesmas que soterraban aos faraóns hai milleiros de anos e que estaban pensadas con mil e unha trampas para evitar que calquera persoa con malas intencións perturbase o descanso eterno destas pseu-divindades. Ben, pois no quinto episodio de Viaxantas Podcast imos ata …

#4 Bos Aires en fascículos
Hai lugares que son especiais, ben polas súas xentes, polas historias que agochan ou polas experiencias que vivimos neles. No episodio catro de Viaxantas vouvos levar a unha cidade especial para min porque combina eses tres elementos, pero tamén algún máis. Bos Aires é esa cidade que lle deu os últimos trazos á miña madurez …

#3 Viva o entroido!
Eu nacín no mes do entroido por excelencia e, como tal, medrei escoitando unha e outra vez iso de “oh, un entroidiño!” cada vez que dicía en voz alta a data do meu aniversario. Unha resposta que recibía con gusto, non vaiades pensar. Porque ademáis dese algo máxico que existen en disfrazarse e converterse noutra …

E a equipaxe?
A ver, canta claro. Algunha vez fuches de viaxe e cando chegaches ó destino non había nin rastro da túa equipaxe? A miña resposta é..sí. Aínda que no meu caso non foi nada excesivamente dramático. Foi nun bo de Galicia a Bélxica, vía Barcelona. A conexión catalá foi curta, uns 45 minutos, e cando chegamos …