Abrígate ben porque collemos rumbo norte para unhas vacacións de inverno moi especiais. Imos na procura dun dos mellores espectáculos naturais desta estación: as auroras boreais. Benvid@ a Tromsø, a capital do Ártico. Situada entre montañas, fiordos e illas, Tromsø é a principal cidade do norte de Noruega e atópase a só 350 kilómetros do círculo …
Europa
#23 A Costa Amalfitana: Expectativas vs Realidade
A Costa Amalfitana é un miradoiro natural ao Tirreno cheo de encantadores pobos de pescadores con aroma a limón. Unha ruta de 55 kilómetros esculpida en cantís e onde coloridas vivendas parecen pelexar rocha arriba polo pouco espazo dispoñible. Holywood e os seus glamurosos visitantes fixérona popular hai décadas, pero foron as redes sociais as …
#22 Aos pés do Vesubio: Pompei vs Ercolano
A historia é o fío condutor deste episodio de Viaxantas que nos leva ata o sur de Italia da man de Carme Saborido.
#20 Os días tolos en Colonia
Os “días tolos” é o nome que recibe a semana grande dun dos entroidos máis populares de Europa, o carnaval de Colonia (Alemaña). Unha celebración que comeza EN NOVEMBRO, á que cheguei sen querer e na que atopei algunha que outra semellanza con Galicia que che conto neste episodio de Viaxantas. Xa o número 20! …
#18 Descifrando Ámsterdam
Se che apetece coñecer unha das capitais con máis ambiente de Europa, este é o teu episodio de Viaxantas. Imos descubrir unha cidade que transmite vitalidade e promete longas e intensas noites de festa. Un lugar cun mar de propostas culturais e que convida a facer algunha que outra falcatruada. Benvido, benvida a… Neste paseo …
#16 Puglia en solitario
Por fin volve Viaxantas, este espazo de encontro para corremundos con ganas de compartir historias e destinos. No episodio 16 estreamos tempada, a segunda xa, e percorremos un lugar con postas de sol capaces de emocionar ata ao teu amigo máis toxo. Imos coñecer o sur da “bella Italia”, en concreto a rexión italiana de …
#13 O espírito do Camiño, con Wendy Werneth
Se hai algo que nos identifica en boa parte do mundo e polo que moitas persoas de lonxe sitúan Galicia no mapa, iso é o Camiño de Santiago. Por iso, neste ano Xacobeo no podía faltar en Viaxantas algunha referencia a esta ruta milenaria. Colle uns tenis cómodos, pon a mochila e a túa cuncha …
#12 Aventuras na illa dos volcáns
Aviso! O episodio 12 de viaxantas é culpa, única e exclusivamente, da vaga de calor que estamos a ter por Bélxica estes días e que conseguiu que a miña mente so pense nunha escapadas refrescantes, con praias paradisíacas onde sopre unha brisa agradable constante, e na que poder gozar de bos parques naturais. E tendo …
#10 Un paseo medieval
A ver se adiviñas a onde te levo no episodio 10 de Viaxantas. Van pistas. Trátase dun lugar que ten «souvenirs» ou recordos específicos para hispanofalantes, Unha cidade que foi capital comercial europea pola importancia do seu porto, e que tocou a gloria e a decadencia máis absolutas en só un par de séculos. Hoxe, …