O teu podcast de viaxes e experiencias en galego.

Amosando: 1 - 8 de 8 RESULTADOS
Sabucedo en 360

#17 Sabucedo en 360º

En Sabucedo o traballo continúa paseniño os 365 días do ano para preservar non só unha das tradicións senlleiras de Galicia, declarada de interese turístico internacional, senón tamén un ecosistema único no mundo. Benvidos a unha Rapa das Bestas en 360º.

o grove

#15 O Grove, unha loa á tradición mariñeira

O Grove é un paraíso gastronómico con maiúsculas que contenta o estómago e alegra a vista, grazas aos seus miradoiros, as súas praias de area fina e as súas augas atlánticas de azul intenso. Ten todo o ambiente dun destino de excelencia para turistas de preto e de lonxe. Ao percorrer as súas rúas ou …

#14 A volta ao mundo en paisaxes sonoras

Agardo que esteas listo ou lista para a aventura sonora que che teño preparada porque esta vai ser unha viaxe no espazo e no tempo. Imos percorrer Panxea, esa masa xigante de terra emerxida, á que hoxe separan mares e océanos. E imos facelo a través da música, en concreto dos instrumentos e a cultura …

#13 O espírito do Camiño, con Wendy Werneth

Se hai algo que nos identifica en boa parte do mundo e polo que moitas persoas de lonxe sitúan Galicia no mapa, iso é o Camiño de Santiago. Por iso, neste ano Xacobeo no podía faltar en Viaxantas algunha referencia a esta ruta milenaria. Colle uns tenis cómodos, pon a mochila e a túa cuncha …

#11 Cuntis, máis ca un paraíso termal

Ti como describirias a vila na que te criaches? Ese é o reto que che lanzo no episodio 11 de Viaxantas Podcast. Eu coido que nunca o pensara tanto como para esta gravación na que volvo ás orixes para falarvos de historia castrexa e romana, de termalismo e de roteiros de sendeirismo cos que pasar …

#8 Ribeira Sacra, a posta en valor do rural

No episodio de hoxe imos coñecer unha das xoias naturais de Galicia, a Ribeira Sacra.  Aínda que non imos quedar só nas súas paisaxes impoñentes, adentrarémonos tamén no románico rural galego e camiñaremos entre vides da man das súas xentes, para falar da posta en valor do noso rural. Son os seus habitantes os que …

#6 Pico Sacro, onde a historia e a lenda se confunden

No episodio #6 de Viaxantas imos facer turismo de proximidade para moitos dos seguidores deste humilde podcast. Que vos parece  se falamos  dunha das paisaxes máis simbólicas de Galicia, un lugar dende o que es capaz de observar terras das catro provincias galegas e que como dicía Manuel María, está ferido polo lóstrego e a …

Ponlle imaxe ao son de Viaxantas!