O teu podcast de viaxes e experiencias en galego.

Amosando: 1 - 5 de 5 RESULTADOS

Pagas un café?

Grazas, grazas e grazas. Viaxantas vai camiño do ano e medio e non podo estar máis feliz. Cando puxen en marcha este proxecto só pensaba en pasalo ben rememorando algunhas das viaxes que máis gocei nos últimos anos. Hoxe, Viaxantas é unha pequena comunidade grazas a tódalas persoas que, episodio a episodio, escoitades este falangullo. …

Grazas inmensas

Despois deste parón estival de Viaxantas Podcast só podo dicir: GRAZAS! Grazas por estar do outro lado deste proxecto escoitando, compartindo a vosa opinión, espallando cada episodio para que chegue a máis e máis xente. A primeira tempada de Viaxantas só me deu satisfacción persoais. Como digo sempre, esta foi a miña terapia contra o …

Envíasnos a túa achega viaxanta?

Moi boas viaxant@! Hoxe paso por aquí só para facerche un convite, que sexas parte dun dos vindeiros episodios de Viaxantas Podcast. Como??!!??? Pois o que oes 😅. Quero que tí tamén poidas compartir as túas experiencias e lugares recomendados neste espazo, para dalos a coñecer e sumar aínda máis voces nesta comunidade viaxanta. Súmaste? …

Que aporta un podcast de viaxes en galego?

Todo! Como ben dicía Castelao… “Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma“ Alfonso Daniel Rodríguez Castelao Por iso penso que canto máis o utilicemos, canto más contido creemos en galego e canto máis fagamos que outras persoas non galegofalantes o descubran, mellor para o noso idioma. A min, este podcast apórtame unha opción …

#1 Benvidas viaxantas!

Isto é Viaxantas, un podcast en galego para os amantes dunha boa escapada, de saír e darse unha homenaxe gastronómica e de vivir experiencias do máis diversas. Se ti tamén pertences ao clube, síguenos e percorre con nós algúns dos lugares máis fermosos de Galicia e do mundo. Con experiencias persoais, entrevistas a outros viaxeiros …

Ponlle imaxe ao son de Viaxantas!