A ver, canta claro. Algunha vez fuches de viaxe e cando chegaches ó destino non había nin rastro da túa equipaxe?
A miña resposta é..sí. Aínda que no meu caso non foi nada excesivamente dramático. Foi nun bo de Galicia a Bélxica, vía Barcelona. A conexión catalá foi curta, uns 45 minutos, e cando chegamos a Bélxica as maletas dos pasaxeiros galegos non aparecían.
Primeiro pensamento. Ostras, levaríaa alguén?
Na cinta había outra maleta igual á miña. Só que esa levaba un laciño que eu non lle puxera. Obvio, non era a miña. Por iso, o primeiro que se me ocorreu foi que alguén se trabucara e collera a miña pensando que era a súa.
Segunda reacción. Preguntarlle ós cinco ou seis compañeiros de viaxe que tamén viñan dende a terriña se eles xa tiñan as súas maletas. Non era así. Bo sinal, pensei. Non chegarían a embarcar.
Así fora.
Por sorte, uns días despois recibina no meu domicilio (xamón, chourizos e demáis cargamento incluído).
E a vós que? Pasouvos algunha vez?
Contádeme que teño curiosidade por outros casos non tan sortudos. Tede en conta que eu volvía para o meu domicilio habitual, así que tiña mudas de sobra. Imaxino que se te deixan sen opcións durante un par de días a cousa non é tan bonita, especialmente nestes tempos de pandemia.
Ben, xa me contades.
Apertas e lémonos pronto.