Todo! Como ben dicía Castelao…

Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Por iso penso que canto máis o utilicemos, canto más contido creemos en galego e canto máis fagamos que outras persoas non galegofalantes o descubran, mellor para o noso idioma.

A min, este podcast apórtame unha opción de falar do que máis me gusta na miña lingua. Permíteme compartir experiencias contigo dun xeito máis próximo e conversar e intercambiar opinións con outras persoas sobre eses lugares e opcións de ocio que máis disfrutei.

Tamén me axuda a conectar con esa enorme comunidade viaxanta que temos en Galicia e que de seguro ten moito que aportarnos e amosarnos. De lugares próximos en distancia ou desa Galicia mundial da que tanto presumimos e que nos leva da China a A Arxentina nun abrir e pechar de ollos.

E aos demais…

Máis oferta. Outra opción de entretemento na nosa lingua para comentar, compartir ou inspirarse nestes tempos de poucas viaxes. Agardo que o podcast te entusiasme tanto como a min cando o fago.

De feito, gustaríame que tí que nos escoitas tamén teñas o teu espazo en cada episodio e que nos fagas as túas recomendacións. Porque este podcast quere crear comunidade, unir a tódolos viaxantes e viaxantas de Galicia e máis aló. Se te animas, envíanos os teus audios a través das redes sociais:

Ou envíanos a túa mensaxe:

Déixoche o episodio presentación:

Lémonos pronto!