No episodio #6 de Viaxantas imos facer turismo de proximidade para moitos dos seguidores deste humilde podcast.

Que vos parece  se falamos  dunha das paisaxes máis simbólicas de Galicia, un lugar dende o que es capaz de observar terras das catro provincias galegas e que como dicía Manuel María, está ferido polo lóstrego e a lenda. 


A min só me fai falla abrila fiestra da casa dos meus pais para levarvos ata o Pico Sacro. Acompañádesme?

Para este paseo vou estar acompañada dun popurrí de voces, entre os que destacan a do profesor e escritor Xosé Manuel Lobato, unha das persoas que mellor coñece tódalas historias que hai ao redor deste xigante picudo con aires de grandeza.

Falaremos de mitos, de milagres e dragóns, pero tamén haberá tempo para algo de historia recente do Camiño de Santiago da man de Carmen Cutrín, unha veciña de Vedra que conta con moitísima paixón a lenda do traslado dos restos do Apóstolo Santiago a Compostela.

Xa sabes que podes escoitalo nas túas plataformas preferidas:

AnchorApple PodcastsBreakerGoogle PodcastsPocketCastsRadio PubliciVooxSpotifyYouTube

Ademáis, para os e as valentes que aguanten ata o final desta versión extendida de Viaxantas, temos un reto.

Falamos nas redes sociais ou escoitámonos con máis viaxes en 15 días.