O teu podcast de viaxes e experiencias en galego.

Amosando: 1 - 8 de 8 RESULTADOS
Puglia - Polignano a mare

#16 Puglia en solitario

Por fin volve Viaxantas, este espazo de encontro para corremundos con ganas de compartir historias e destinos. No episodio 16 estreamos tempada, a segunda xa, e percorremos un lugar con postas de sol capaces de emocionar ata ao teu amigo máis toxo. Imos coñecer o sur da “bella Italia”, en concreto a rexión italiana de …

#10 Un paseo medieval

A ver se adiviñas a onde te levo no episodio 10 de Viaxantas. Van pistas. Trátase dun lugar que ten «souvenirs» ou recordos específicos para hispanofalantes, Unha cidade que foi capital comercial europea pola importancia do seu porto, e que tocou a gloria e a decadencia máis absolutas en só un par de séculos. Hoxe, …

#7 Un tren ás nubes

Collede un asento de ventá e poñédevos cómodos e cómodas porque acabades de subir a bordo dun tren que vos levará case ata o ceo. Neste episodio transportámonos novamente a América Latina para acariñala Pachamama, tocalas nubes e descubrila cara B do norte arxentino. Acompáñasme? Nesta escapada sonora imos coñecer unha das obras de inxenierías …

#2 Apúntaste a unha cea prehistórica?

No episodio de hoxe queremos levarte a un paraíso para despois convidarte a unha cea prehistórica. Que, hai trato? Dirás ti que paraísos hai moitos, pero é que o Calafate éche un lugar ben especial. A min namoráronme as súas cores. Ese turquesa alternando cos tonos prata do lago Argentino, un ceo sempre misterioso, unhas …

Envíasnos a túa achega viaxanta?

Moi boas viaxant@! Hoxe paso por aquí só para facerche un convite, que sexas parte dun dos vindeiros episodios de Viaxantas Podcast. Como??!!??? Pois o que oes 😅. Quero que tí tamén poidas compartir as túas experiencias e lugares recomendados neste espazo, para dalos a coñecer e sumar aínda máis voces nesta comunidade viaxanta. Súmaste? …

Que aporta un podcast de viaxes en galego?

Todo! Como ben dicía Castelao… “Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma“ Alfonso Daniel Rodríguez Castelao Por iso penso que canto máis o utilicemos, canto más contido creemos en galego e canto máis fagamos que outras persoas non galegofalantes o descubran, mellor para o noso idioma. A min, este podcast apórtame unha opción …

#1 Benvidas viaxantas!

“A vida, ou é unha aventura ou non é nada“ Hellen KellerEscritora, oradora e activista política estadounidense Isto é Viaxantas, un podcast en galego para os amantes dunha boa escapada, de saír e darse unha homenaxe gastronómica e de vivir experiencias do máis diversas. Se ti tamén pertences ao clube, síguenos e percorre con nós …

Ponlle imaxe ao son de Viaxantas!