En Sabucedo o traballo continúa paseniño os 365 días do ano para preservar non só unha das tradicións senlleiras de Galicia, declarada de interese turístico internacional, senón tamén un ecosistema único no mundo. Benvidos a unha Rapa das Bestas en 360º.
Galicia
#15 O Grove, unha loa á tradición mariñeira
O Grove é un paraíso gastronómico con maiúsculas que contenta o estómago e alegra a vista, grazas aos seus miradoiros, as súas praias de area fina e as súas augas atlánticas de azul intenso. Ten todo o ambiente dun destino de excelencia para turistas de preto e de lonxe. Ao percorrer as súas rúas ou …
#14 A volta ao mundo en paisaxes sonoras
Agardo que esteas listo ou lista para a aventura sonora que che teño preparada porque esta vai ser unha viaxe no espazo e no tempo. Imos percorrer Panxea, esa masa xigante de terra emerxida, á que hoxe separan mares e océanos. E imos facelo a través da música, en concreto dos instrumentos e a cultura …
#11 Cuntis, máis ca un paraíso termal
Ti como describirias a vila na que te criaches? Ese é o reto que che lanzo no episodio 11 de Viaxantas Podcast. Eu coido que nunca o pensara tanto como para esta gravación na que volvo ás orixes para falarvos de historia castrexa e romana, de termalismo e de roteiros de sendeirismo cos que pasar …
#9 As letras galegas en América
Maio é o mes por excelencia das nosas letras e da nosa lingua, o galego, aínda que honralas, querelas e utilizalas debemos facelo os 365 días do ano. Por iso, no episodio 9 de Viaxantas quero sacar ámbalas dúas da súa zona de confort e ver cómo latexa, cómo medra e se expanden nun continente …
#8 Ribeira Sacra, a posta en valor do rural
No episodio de hoxe imos coñecer unha das xoias naturais de Galicia, a Ribeira Sacra. Aínda que non imos quedar só nas súas paisaxes impoñentes, adentrarémonos tamén no románico rural galego e camiñaremos entre vides da man das súas xentes, para falar da posta en valor do noso rural. Son os seus habitantes os que …
#6 Pico Sacro, onde a historia e a lenda se confunden
No episodio #6 de Viaxantas imos facer turismo de proximidade para moitos dos seguidores deste humilde podcast. Que vos parece se falamos dunha das paisaxes máis simbólicas de Galicia, un lugar dende o que es capaz de observar terras das catro provincias galegas e que como dicía Manuel María, está ferido polo lóstrego e a …
#4 Bos Aires en fascículos
Hai lugares que son especiais, ben polas súas xentes, polas historias que agochan ou polas experiencias que vivimos neles. No episodio catro de Viaxantas vouvos levar a unha cidade especial para min porque combina eses tres elementos, pero tamén algún máis. Bos Aires é esa cidade que lle deu os últimos trazos á miña madurez …
Envíasnos a túa achega viaxanta?
Moi boas viaxant@! Hoxe paso por aquí só para facerche un convite, que sexas parte dun dos vindeiros episodios de Viaxantas Podcast. Como??!!??? Pois o que oes 😅. Quero que tí tamén poidas compartir as túas experiencias e lugares recomendados neste espazo, para dalos a coñecer e sumar aínda máis voces nesta comunidade viaxanta. Súmaste? …
Que aporta un podcast de viaxes en galego?
Todo! Como ben dicía Castelao… “Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma“ Alfonso Daniel Rodríguez Castelao Por iso penso que canto máis o utilicemos, canto más contido creemos en galego e canto máis fagamos que outras persoas non galegofalantes o descubran, mellor para o noso idioma. A min, este podcast apórtame unha opción …