Praga é unha das cidades máis fermosas de Europa. Seguramente tes no maxín a imaxe icónica da ponte de Carlos IV, que une o Castelo de Praga coa cidade vella, ou a armonía de pontes que adornan o río Moldava dende calquera punto panorámico. Mais na cidade das cen torres e as mil puntas tamén …
podcast
#22 Aos pés do Vesubio: Pompei vs Ercolano
A historia é o fío condutor deste episodio de Viaxantas que nos leva ata o sur de Italia da man de Carme Saborido.
#16 Puglia en solitario
Por fin volve Viaxantas, este espazo de encontro para corremundos con ganas de compartir historias e destinos. No episodio 16 estreamos tempada, a segunda xa, e percorremos un lugar con postas de sol capaces de emocionar ata ao teu amigo máis toxo. Imos coñecer o sur da “bella Italia”, en concreto a rexión italiana de …
Grazas inmensas
Despois deste parón estival de Viaxantas Podcast só podo dicir: GRAZAS! Grazas por estar do outro lado deste proxecto escoitando, compartindo a vosa opinión, espallando cada episodio para que chegue a máis e máis xente. A primeira tempada de Viaxantas só me deu satisfacción persoais. Como digo sempre, esta foi a miña terapia contra o …
#12 Aventuras na illa dos volcáns
Aviso! O episodio 12 de viaxantas é culpa, única e exclusivamente, da vaga de calor que estamos a ter por Bélxica estes días e que conseguiu que a miña mente so pense nunha escapadas refrescantes, con praias paradisíacas onde sopre unha brisa agradable constante, e na que poder gozar de bos parques naturais. E tendo …
#10 Un paseo medieval
A ver se adiviñas a onde te levo no episodio 10 de Viaxantas. Van pistas. Trátase dun lugar que ten «souvenirs» ou recordos específicos para hispanofalantes, Unha cidade que foi capital comercial europea pola importancia do seu porto, e que tocou a gloria e a decadencia máis absolutas en só un par de séculos. Hoxe, …
#7 Un tren ás nubes
Collede un asento de ventá e poñédevos cómodos e cómodas porque acabades de subir a bordo dun tren que vos levará case ata o ceo. Neste episodio transportámonos novamente a América Latina para acariñala Pachamama, tocalas nubes e descubrila cara B do norte arxentino. Acompáñasme? Nesta escapada sonora imos coñecer unha das obras de inxenierías …
Aventuras de interior
Xa fai máis dun ano que comezou o meu “teletraballo”. Hai un ano que rematou a rutina diaria de acudir a unha oficina, de falar cos compañeiros cara a cara, de comer ou tomar un café con colegas, e teño sentimentos encontrados. Quen nolo ía dicir? A nós, a sociedade máis libre da historia, empuxados …
#5 Viaxe ao corazón dunha pirámide
Imaxinas como poder ser adentrarse no corazón dunha pirámide exipcia? Si, si.. nas mesmas que soterraban aos faraóns hai milleiros de anos e que estaban pensadas con mil e unha trampas para evitar que calquera persoa con malas intencións perturbase o descanso eterno destas pseu-divindades. Ben, pois no quinto episodio de Viaxantas Podcast imos ata …
#2 Apúntaste a unha cea prehistórica?
No episodio de hoxe queremos levarte a un paraíso para despois convidarte a unha cea prehistórica. Que, hai trato? Dirás ti que paraísos hai moitos, pero é que o Calafate éche un lugar ben especial. A min namoráronme as súas cores. Ese turquesa alternando cos tonos prata do lago Argentino, un ceo sempre misterioso, unhas …