Xa coñecemos o corazón turístico de Praga no episodio anterior, agora afondamos na súa gastronomía, nas súas xentes e na súa historia da man de Vanesa Noya. Con ela cruzaremos a ponte de Carlos IV para achegarnos ó Castelo de Praga, cońecer á Barbie local ou pasar polo muro de John Lennon. Mais tamén falaremos …
Viaxantas
#24 Tromsø: á caza das auroras boreais
Abrígate ben porque collemos rumbo norte para unhas vacacións de inverno moi especiais. Imos na procura dun dos mellores espectáculos naturais desta estación: as auroras boreais. Benvid@ a Tromsø, a capital do Ártico. Situada entre montañas, fiordos e illas, Tromsø é a principal cidade do norte de Noruega e atópase a só 350 kilómetros do círculo …
#16 Puglia en solitario
Por fin volve Viaxantas, este espazo de encontro para corremundos con ganas de compartir historias e destinos. No episodio 16 estreamos tempada, a segunda xa, e percorremos un lugar con postas de sol capaces de emocionar ata ao teu amigo máis toxo. Imos coñecer o sur da “bella Italia”, en concreto a rexión italiana de …
Grazas inmensas
Despois deste parón estival de Viaxantas Podcast só podo dicir: GRAZAS! Grazas por estar do outro lado deste proxecto escoitando, compartindo a vosa opinión, espallando cada episodio para que chegue a máis e máis xente. A primeira tempada de Viaxantas só me deu satisfacción persoais. Como digo sempre, esta foi a miña terapia contra o …
#12 Aventuras na illa dos volcáns
Aviso! O episodio 12 de viaxantas é culpa, única e exclusivamente, da vaga de calor que estamos a ter por Bélxica estes días e que conseguiu que a miña mente so pense nunha escapadas refrescantes, con praias paradisíacas onde sopre unha brisa agradable constante, e na que poder gozar de bos parques naturais. E tendo …
Aventuras de interior
Xa fai máis dun ano que comezou o meu “teletraballo”. Hai un ano que rematou a rutina diaria de acudir a unha oficina, de falar cos compañeiros cara a cara, de comer ou tomar un café con colegas, e teño sentimentos encontrados. Quen nolo ía dicir? A nós, a sociedade máis libre da historia, empuxados …
Envíasnos a túa achega viaxanta?
Moi boas viaxant@! Hoxe paso por aquí só para facerche un convite, que sexas parte dun dos vindeiros episodios de Viaxantas Podcast. Como??!!??? Pois o que oes 😅. Quero que tí tamén poidas compartir as túas experiencias e lugares recomendados neste espazo, para dalos a coñecer e sumar aínda máis voces nesta comunidade viaxanta. Súmaste? …
Que aporta un podcast de viaxes en galego?
Todo! Como ben dicía Castelao… “Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma“ Alfonso Daniel Rodríguez Castelao Por iso penso que canto máis o utilicemos, canto más contido creemos en galego e canto máis fagamos que outras persoas non galegofalantes o descubran, mellor para o noso idioma. A min, este podcast apórtame unha opción …
#1 Benvidas viaxantas!
“A vida, ou é unha aventura ou non é nada“ Hellen KellerEscritora, oradora e activista política estadounidense Isto é Viaxantas, un podcast en galego para os amantes dunha boa escapada, de saír e darse unha homenaxe gastronómica e de vivir experiencias do máis diversas. Se ti tamén pertences ao clube, síguenos e percorre con nós …