Imaxinas como poder ser adentrarse no corazón dunha pirámide exipcia? Si, si.. nas mesmas que soterraban aos faraóns hai milleiros de anos e que estaban pensadas con mil e unha trampas para evitar que calquera persoa con malas intencións perturbase o descanso eterno destas pseu-divindades.
Ben, pois no quinto episodio de Viaxantas Podcast imos ata o Cairo para descubrir este e outros segredos dunha civilización abraiante, cuxo legado segue en pé millieros de anos despois.
Falaremos da única marabilla do mundo antigo que segue en pé, dalgúns dos templos máis fermosos da civilización exipcia – De Abu Simbel a Luxor, pasando polo templo de Karnak ou o Obelisco de Hatshepsup -, pero tamén da faciana musulmá dunha cidade caótica e chea de contrastes.
Dalle unha escoita e xa sabes, cóntanos se ti tamén viaxaches, se eres fan desta civilización ou se viches mil e un documentais sobre o tema. Podes facelo no Instagram e no Facebook, ou enviándonos un correo a través da folla de contacto desta web.