Eu nacín no mes do entroido por excelencia e, como tal, medrei escoitando unha e outra vez iso de “oh, un entroidiño!” cada vez que dicía en voz alta a data do meu aniversario. Unha resposta que recibía con gusto, non vaiades pensar. Porque ademáis dese algo máxico que existen en disfrazarse e converterse noutra persoa por unhas cantas horas nas que case todo vale para botar unha risas, o entroido é na miña vila natal é sinónimo de Xenerais, atranques e vivas.

Se aínda non sabedes de qué vos falo convídovos a escoitar o episodio número 3 de Viaxantas Podcast que lle adico ó tempo das filloas e orellas (que ricas por Deus!!! ), pero sobre todo a unha das tradicións que máis me gustan da miña terra. Hoxe falamos sobre os Xenerais da Ulla.

Aínda que non se sabe con certeza a orixe desta tradición, o certo e que non hai coñecemento de nada similar nin noutras zonas de España nin da Europa Occidental, tal e como contan en xeneraisdaulla.com .

Eu aos Xenerais sempre os vin dende a barreira; é dicir, como espectadora. E para transmitirvos os momentos máis especiais desta tradición, contarei con catro axudantes que saben ben o que é enfundarse nun deses traxes de fios dourados e cor, moita cor. Eles son Miguel Peteiro, Alejandro Barreiro, Cristina Calviño e José Antonio Neira Pombo.

Dádelle ao play e despois contádeme qué vos pareceu, se coñecíades todo isto ou se vístedes algo parecido nalgún outro lugar do planeta.

AnchorApple PodcastsBreakerGoogle PodcastsPocketCastsRadio PubliciVooxSpotifyYouTube