Se che apetece coñecer unha das capitais con máis ambiente de Europa, este é o teu episodio de Viaxantas. Imos descubrir unha cidade que transmite vitalidade e promete longas e intensas noites de festa. Un lugar cun mar de propostas culturais e que convida a facer algunha que outra falcatruada. Benvido, benvida a…

AnchorApple PodcastsBreakerGoogle PodcastsPocketCastsRadio PubliciVooxSpotifyYouTube

Neste paseo contamos con dous viaxeiros de excepción:

Fran da Lobeira, co que percorreremos o famoso Barrio Vermello de Ámsterdam, meterémonos nalgún que outro Coffee Shop e coñeceremos algunhas peculiaridades do Museo do Sexo. Ademais, achegaranos a unha das festas máis populares dos Países Baixos: A festa do rei. Tamén falaremos de queixo, tulipáns e canais.

Carina Fragoso, que nos dará un par de consellos para unha viaxe expres ao centro de Ámsterdam, entre escala e escala. Con ela meterémonos na casa-museo de Anna Frank e falaremos das sensacións que lle deu esta cidade dende unha óptica suramericana.

Xa sabes, dalle unha escoita ao episodio completo.

E se che gusta, comparte para que poidamos chegar a máis xente.