O teu podcast de viaxes e experiencias en galego.

Nos medios

EL SALTO | MAIO 2021

O galego na rede: a eclosión dos podcast

Celebramos o Día das Letras Galegas con PodGalego, unha plataforma independente que axuda a paliar as trabas que os buscadores poñen ás linguas minorizadas dando difusión a contidos de radio dixital en galego.

VIAXANTAS, podcast en galego sobre viaxes e experiencias
SERMOS GALIZA | NÓS DIARIO | FEBREIRO 2021

Podcast, un novo formato para o galego

As novas tecnoloxías e os soños de moitas persoas de comunicar contidos na lingua propia son os acicates da proliferación dos podcasts, que medraron exponencialmente a raíz do confinamento domiciliario estabelecido pola Covid-19 o pasado…

NÓS DIARIO | SETEMBRO 2021

“Viaxantas” é un podcast en lingua galega que trata sobre viaxes, experiencias e boa comida. A súa creadora, a xornalista Cristina Terceiro, percorreu o mundo e a Galiza, visitando lugares máis coñecidos e algunhas paraxes e “paraísos” menos habituais. Para Terceiro, o feito de viaxar é unha oportunidade perfecta para entender mellor como funciona cada rexión e cada cultura, ao tempo que abre os ollos de como é a nosa propia cultura. “Viaxantas” está dispoñíbel en Spotify, iVoox e ApplePodcasts.

LA VOZ DE GALICIA | MAIO 2021

Ese fío de aceiro que dá vida

As novas tecnoloxías da comunicación modificaron as dimensións do mundo, mais constitúen unha magnífica oportunidade para avanzar, mesmo para resituarnos na realidade. 

Ponlle imaxe ao son de Viaxantas!