Xa coñecemos o corazón turístico de Praga no episodio anterior, agora afondamos na súa gastronomía, nas súas xentes e na súa historia da man de Vanesa Noya. Con ela cruzaremos a ponte de Carlos IV para achegarnos ó Castelo de Praga, cońecer á Barbie local ou pasar polo muro de John Lennon. Mais tamén falaremos do peso que a historia recente do país ten na cidade e nas súas xentes, do nazismo ó comunismo.
Ademais, atoparás algunhas recomendacións para que non te timen nas casas de cambio, cal é o segredo da cervexa checa ou os pratos que non debes marchar sen probar.
Neste episodio:
Contámosche tódolos segredos do castelo de Praga
Visitamos a torre de Petřínská
Fotografiamos a casa danzante e a cabeza de Kafka
Gastronomía
Consellos dunha local
E moito máis.
Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este podcast en galego. Axúdanos a chegar a máis xente.