E ti, cantos kilómetros tes ás túas costas?
Eu non os mido en distancias, mais en experiencias e momentos. Cada lugar visitado, lémbrame persoas, estados de ánimo, sabores ou etapas.
Tivo que chegar unha pandemia e cortarme as “ás” para darme conta do moito que estas pequenas desconexións me aportaban. Por iso, despois dun ano de confinamento e teletraballo, decidín lanzarme cara outra aventura, desta sonora, para viaxar e darlle a volta ao globo sen necesidade de saír da casa. Iso é Viaxantas Podcast.